Visitame ;)

viernes, 27 de abril de 2012

Ti.

Sei que estos días foron moi, moi duros para min porque perdín a unha persoa importantisima para min, unha parte de min e da miña vida, máis importante do que ela se creía, esa persoa eres ti. A partir de ahora non vou poder volver a ver o teu sorriso nin escoitar as túas historias de cando eras nena e iso mátame.
Perdinte, xa marchaches e sei que vas estar en boas mans porque te está esperando o visabuelo, pero eu queríate aquí ao meu carón porque non estaba lista para que me deixaras ainda.
A partir de agora, no ceo hai unha estrela máis e é a máis bonita de todas e as máis especial para min.
Sinto que me falta unha parte de min e que non son a mesma de sempre estos días pero eque xa non me sae unha risa e supoño que será estos primeiros días pero vou intentar ser eu mesma de novo porque sei que ti o quererías así. O que naide me vai poder quitar xamáis son os momentos vividos contigo, os máis bonitos de todos e sempre, sempre estarán conmigo. Tamén quero que sepas que nunca xamáis me vou esquecer de ti porque eres a cara máis bonita que había. Foise para non voltar unha das grandes, unha das mellores persoas que eu tiña que agora xa non a teño e téñome que afacer a idea aínda porque te me fuches sin poder decirche moitas cousas. Vasme facer moita falta. Quero que me perdoes si algunha vez che fixen dano, non era a miña intención para nada. Queríate, quérote e quereite toda a vida joder, porque eras ti a miña visabuela querida, a neniña do meu corazón e a máis bonita de todas cos teus sorrisos de nena pequena que enchían de luz todas e cada unha das esquinas do cuarto no que te atoparas. Voute botar moito de menos e non sei como vou facer para pasar páxina, pero teño que facelo. Sei que me vas protexer dende donde esteas e que sempre vas estar conmigo e iso en certo modo consolame, pero non de todo.. de verdade que te botarei de menos. Gardarei todas as túas cousas e as túas historias como o máis preciado dos meus tesouros. 
Onte, 26 de abril do 2012 foi o peor día da miña vida, un día no que me decatei de moitas.
Mª Pilar Expósito Palmeiro, ti, que sepas que sempre sempre estarás no meu corazonciño , sabes que din que soamente morren as persoas das que te esqueces? entón ti non vas morrer nunca porque te vou ter presente sempre. Sabes que te quero moito e espero que ahí, xunto o visabuelo estañas ben.
Son a túa visneta e sempre o vou ser, diso non me esquezo.
Repito, quérote moitísimo visabuela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario